O PSdeG reclama mellores accesos aos servizos públicos para fixar poboación no rural
O PSdeG reclama mellores accesos aos servizos públicos para fixar poboación no rural
José Ramón Gómez Besteiro insistiu na necesidade de acabar coas desigualdades
Denuncian as diferenzas do prezo do leite para os produtores galegos
O PSdeG reclama acabar coas desigualdades no prezo do leite en Galicia. Denuncian que aquí se paga catro céntimos menos por litro que na media de España e 6 céntimos menos que en Asturias. José Ramón Gómez Besteiro visitou unha explotación gandeira en Guntín, onde defendeu a necesidade de impulsar o poder industrial do leite e a mellora dos servizos no rural para fixar poboación.
Besteiro insistiu en que hai que "poñer fin ás desigualdades que se viven neste entorno: nas comunicacións, nas infraestruturas viarias e nos servizos públicos. Para que a xente se manteña no rural ten que ter servizos públicos próximos. A falla de servizos sanitarios cerca da zona rural impide o desenvolvemento e a permanencia da poboación".