Publicador de contidos
Publicador de contidos

O exdeputado do PSdeG Martín Seco pide a Ferraz arquivar o seu expediente de hai 2 anos

O exdeputado do PSdeG Martín Seco pide a Ferraz arquivar o seu expediente de hai 2 anos

O exdeputado e actual concelleiro de Arteixo remarca tamén o seu dereito ao “resarcimento público” porque entende que a súa “honra [...] foi atacada publicamente sen xustificación ningunha” tras unhas diferenzas de criterio nun debate parlamentario

Gonzalo Caballero (d) e Martín Seco (e), na presentación da candidadura do segundo á alcaldía de Arteixo polo PSdeG en 2019 (Arquivo TVG).
G24.gal 22/01/2025 11:53

O exdeputado socialista Martín Seco presentou un escrito ante a dirección do PSdeG e do PSOE en que reclama “o arquivo” do expediente que se lle abriu na súa etapa como parlamentario e “xa caducado despois de máis de dous anos paralizado”.

No escrito, ao que tivo acceso EFE, o exdeputado e actual concelleiro de Arteixo remarca tamén o seu dereito ao “resarcimento público” porque entende que a súa “honra, dignidade como militante, cargo público e institucional do PSdeG foi atacada publicamente sen xustificación algunha” tras unhas diferenzas de criterio nun debate parlamentario.

O expediente, aberto a finais de 2022, baixo o mandato da executiva liderada por Valentín González Formoso, pedía a suspensión cautelar de militancia de Martín Seco tras unha intervención no pleno do Parlamento no que mostrou o seu criterio contrario ao proxecto de lei de áreas empresariais impulsado polo PP desde o Goberno da Xunta.

Con todo, dada a posición da dirección do PSdeG a favor dunha abstención, o entón deputado votou seguindo as instrucións dadas polo partido, de maneira que optou por absterse.

A pesar diso, sostén Seco, deixárono “en total indefensión” nunha “estratexia de sectarismo e división interna”, dado que Seco é afín ao exlíder do partido en Galicia, Gonzalo Caballero.

Tras estes argumentos, Seco rematou insistindo en que “nin en Galicia, nin en Santiago nin en ningunha agrupación socialista laminar compañeiros é o camiño correcto”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade