Os profesionais do sector de eventos presentan as súas novidades en Pontevedra
Fotógrafos, roupa, música ou mesas para as celebracións se poden ver esta fin de semana en Pontevedra
Son mil os detalles que hai que elixir nunha voda. Para non afogar no intento, o recinto feiral de Pontevedra acolle esta fin de semana unha feira en que podemos elixir desde traxe, ata agasallos conmemorativos, música ou mobiliario para o xantar.
Hai unha voda para cada parella e este tipo de celebracións variou moito nos últimos anos. Os photocalls, as furgonetas de comida para as sobreceas ou os libros sonoros nos que os convidados poden deixar mensaxes de voz están de moda.
Tamén hai oficiantes profesionais para as cerimonias máis transgresoras que conviven con ofertas máis clásicas, como a música de acompañamento ou os vehículos de época.
Todo é posible nos novos casamentos, nas comuñóns e noutro tipo de eventos. Para quen precise ideas, a cuarta edición desta mostra, De boda con Nerea, estará aberta ao público ata o domingo, 16 de febreiro, ás 20:30 horas.