Publicador de contidos

Publicador de contidos

As flores das magnolias acaparan miradas e inspiran ante a proximidade da primavera

As flores das magnolias acaparan miradas e inspiran ante a proximidade da primavera

Captan miradas e son obxectivo de captura para compartir e gozalas máis alá da súa efémera vida

Imaxe deste martea dunha parte da liña de magnolias do paseo de Rosalía de Castro en Pontevedra
G24.gal 04/03/2025 14:04

Sexa de xeito illado ou marcando liñas de tránsito como as dezaseis que locen no paseo de Rosalía de Castro en Pontevedra, as magnolias atraen estes días a atención pola fermosura das súas flores. Captan miradas e son obxectivo de captura para compartir e gozalas máis alá da súa efémera vida. Son foco de atención en xeral.

Varias persoas que transitan polo paseo falan das sensacións que lles proporcionan estas árbores coas súa flores brancas.

Unha das habituais deste paseo de Pontevedra outórgalles ás flores desta especie, magnolia sulanxiana ou magnolia chinesa unha calidade a maiores.

Di Luísa que "á parte é divertido, por que de repente, en pleno inverno, xorden as flores. Está moi bonito. Si. Van caendo, van nacendo; a voda, o que é a vida. Nacer e morrer. Si".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade