Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia abre unha gran fochanca no xardín da Fonte dos Ranchos de Lugo

A chuvia abre unha gran fochanca no xardín da Fonte dos Ranchos de Lugo

O burato xa está acordoado, pero a súa formación repentina e o seu gran tamaño xeran preocupación entre os veciños da zona

G24.gal 05/02/2025 15:51

A última choiva converteu o charco dun parque de Lugo nun auténtico foxo.

Afortunadamente todo aconteceu nun día chuvioso, polo que non había xente na zona nese momento e non quedou ninguén ferido.

O burato xa está acordoado, pero a súa formación repentina e o seu gran tamaño xeran preocupación entre os veciños da zona.

En pleno xardín da Fonte dos Ranchos, xunto a unha das avenidas que conducen ao centro da cidade de Lugo, apareceu de súpeto este particular buraco negro.

Moitos apuntan a que a deterioración viña de antes e que as choivas continuadas de varios temporais acabaron por abrir esta enorme fochanca. Outros manteñen outras teorías, como o transcurso natural da auga nestes terreos antes da urbanización da zona.

Para evitar riscos e accidentes, acordoaron a zona. Todo quedou nun susto sen incidentes, pero trátase dun parque moi concorrido e moitos recoñecen ser eles os que podían acabar en semellante fochanca.

Agora os veciños reclaman un arranxo rápido e seguro da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade