Publicador de contidos
Publicador de contidos

O viaduto do Castro na A-6 reabre ao tráfico este luns en sentido A Coruña

O viaduto do Castro na A-6 reabre ao tráfico este luns en sentido A Coruña

O ministro de Transportes, Óscar Puente, inaugura a reconstrución da infraestrutura que colapsara no 2022

Vista do viaduto do Castro (EFE/ Eliseo Trigo)
G24.gal 29/12/2024 14:03 Última actualización 29/12/2024 22:44

O segundo viaduto do Castro na A-6, entre Galicia e León, reabre de novo ao tráfico este luns logo da reconstrución deste treito, que colapsou no mes de xuño de 2022, cando realizaban traballos de mellora.

O ministro de Transportes preside ás 11:00 horas en Vega de Valcarce o acto da posta en servizo da nova estrutura en sentido A Coruña e a apertura do segundo carril da calzada en sentido Madrid.

Óscar Puente asegura que a falta de resistencia do formigón, a degradación dos materiais e a pésima drenaxe da auga con sales fundentes, que afectou ás xuntas de dilatación, contribuíron ao seu derrubamento.

No tempo que duraron as obras, o tráfico desviouse por Pedrafita do Cebreiro. Hai un ano, recuperouse a circulación en sentido Madrid polo viaduto e, agora, abre o carril de entrada a Galicia. 

Deste xeito, remata un episodio sen precedentes na historia das infraestruturas españolas  que tivo repercusións sociais, económicas e loxísticas.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade salienta nun comunicado que "se recupera a normalidade" no traxecto de autovía que une dita localidade leonesa coa lucense de Pedrafita do Cebreiro, no límite das comunidades autónomas de Castela e León e Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade