Hoxe celébrase o día mundial da pizza
A pizza converteuse nun dos pratos máis consumidos do mundo
Hoxe é o día mundial da pizza, un prato versátil, doado de cociñar e que se converteu nunha das comidas máis consumidas do mundo, mesmo en Galicia, inventora da empanada.
Frescas, conxeladas, a domicilio ou en porcións para comelas na rúa. Quen non comeu unha pizza aínda que non lle preste demasiado. Os estudantes e os nenos son os seus maiores fans.
Hainas de todos os tipos, o único imprescindible é unha boa masa. No restaurante Il Popolo de Cangas cociñaron para nós a Terra di Mendu, considerada a mellor pizza de Galicia. Primeira sorpresa: non leva tomate senón base de trufa, mozarella, boleto, cecina, burrata, salsa terinaya, ourego, parmesano e burrata triturada.
Hainas para veganos e sen lactosa ou sen queixo, pero o debate máis duro na rúa e se debemos poñerlle ananás.