Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Galicia Forum Gastronómico reafirma o seu compromiso co territorio, o produto e o talento

O Galicia Forum Gastronómico reafirma o seu compromiso co territorio, o produto e o talento

O evento celebra a súa décima edición na Coruña como cita imprescindible no noroeste peninsular para os profesionais da alimentación e do viño

Joan Roca, Elena Arzak, Ricard Camarena, Xavier Pellicer, o xaponés Kanji Kobayashi, a boliviana Lana Marsia Taha, e a portuguesa Lana Rita Magro, están entre os cociñeiros participantes nesta ocasión

"Un océano de cociñas" é o lema deste ano do Galicia Fórum Gastronómico
G24.gal 11/02/2025 14:39

O Galicia Fórum Gastronómico consolídase na súa décima edición como o grande evento culinario Arco Atlántico. Para celebralo presentaron este ano un programa cheo de actividades, que contará ademais cunha despregadura sen precedentes de estrelas da alta cociña.

"A nivel nacional destacamos a figura de Joan Roca, tres estrelas e mellor restaurante do mundo en dúas ocasións. E en clave interncional, debemos resaltar a figura de Kanji Kobayashi, o chef xaponés namorado de Galicia", dixo Pep Palau, o director de Programa de Galicia Fórum.

Estarán xunto aos galegos Javier Olleros, Xosé Cannas, Pepe Solla, Lucía Freitas e Iñaki Bretal, a chef Elena Arzak, Marcos Moran, Rita Magro (Mellor novo Chef 2024 de Portugal pola Guía Michelín), Ricard Camarena, Marsia Taha (Mellor Chef de Latinoamérica 2024 por 50 Best Restaurants), entre moitos outros.

O evento, que se celebra en Expocoruña entre o 23 e o 25 de marzo, afirma o seu compromiso coa formación e o talento, a reflexión sobre o futuro do sector e a responsabilidade coas boas prácticas. 

"Seguimos apostando pola innovación, o produto local e pola creatividade e o enorme talento dos nosos cociñeiros", declarou Ana Trevisani, a directora de Galicia Fórum Gastronómico.

"Dádeslle voz a todo o ecosistema, a todo o territorio. Facedes que teñan visiblidade moitísimos produtores e artesáns", engadiu Lucía Freitas, a chef da Tafona.

Haberá concursos para os talentos emerxentes, monográficos sobre queixo e gastronomía líquida, que este ano inclúe por primeira vez o café, obradoiros, ágoras e unha gran feira con máis de 200 expositores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar