Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban doce ventás e oito portas no local social de San Xián, en Vedra

Rouban doce ventás e oito portas no local social de San Xián, en Vedra

A acción, o segundo roubo en pouco tempo, perpetrouse en cinco minutos preto do mediodía

Interior do local sociocultural de San Xián este martes desprovisto da maior parte de ventás e portas por obra de tres ladróns
G24.gal 11/02/2025 14:21

O local sociocultural  da parroquia vedresa de San Xián volve estar sen a maior parte de portas e ventás de aluminio por obra de ladróns e por segunda vez en quince meses.

Era domingo de alerta vermella por temporal á hora da misa: "A diferenza está en que o primeiro roubo foi pola noite e este ás 11:35 da mañá. Levaron doce ventás e oito portas co mesmo modus operandi da outra vez. Accederon pola parte traseira do local, que ninguén os ve, rebentaron unha porta e, unha vez dentro, foilles moi doado descolgar portas e ventás. Levoulles exactamente cinco minutos", explica Santiago Neira, presidente da asociación de veciños de San Xián de Sales.

A videograbación, na que se pode ver o movemento dos tres ladróns, foi entregada á Garda Civil de Lestedo. Dáse a circunstancia de que unha camioneta similar e, polo menos o condutor, o viron días despois en Santa Lucía. Alertadas as forzas de seguridade, non hai noticias de identificación ou detención dos autores. E iso, a pesar do rexistro da videovixilancia do local.

"A dous deles véselles a cara perfectamente, e o camión tamén se ve, e ten dúas características singulares para o que é ese tipo de camión", precisa Neira.

O local é de titularidade municipal. Tras o primeiro roubo, dotárono de videovixilancia. Agora proxectan montar unha barreira que impida o paso de vehículos ata o local social, agora coa súa carpintería metálica desvalixada.

Eugenio Garaboa, veciño de San Xián de Sales di que "son cousas que estamos a pagar todos cos impostos e, aínda que hai un seguro que cobre, pero igual hai que esperar tres meses a que veñan poñer as ventás".

O aluminio roubado acabará, supostamente, vendido para a reciclaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade