Cargando resultados...
Condena de tres anos de prisión para o falso dentista que estafou unha parella de Ourense
Os maxistrados tiveron en conta a agravante da reincidencia, posto que o acusado xa fora condenado polo mesmo delito nun xulgado de Lugo
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250211/ARQ-EDL-iria-20250211102600-iriatenaexterioresaudienciaprovincialourense-1_frame_927.png)
G24.gal
11/02/2025 14:18
A Audiencia Provincial de Ourense condena a tres anos de cárcere o home que se fixo pasar por dentista para estafar 42.000 euros a un matrimonio. O tribunal considera probado que o home enganou as vítimas facéndolles crer que conseguirían axudas para tratamentos dentais. Tamén os estafou propoñéndolles ser socios da súa clínica.
Os maxistrados tiveron en conta a agravante da reincidencia, posto que o acusado xa fora condenado polo mesmo delito nun xulgado de Lugo.