Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conceden indemnizacións para os afectados polo cártel dos coches

Conceden indemnizacións para os afectados polo cártel dos coches

Dúas sentenzas da Audiencia Provincial de Ourense abren a porta a futuras reclamacións de todas aquelas persoas que comprasen un coche entre os anos 2007 e 2013

As sentenzas condenan dúas marcas a indemnizar os compradores por pactaren os prezos para evitar a competencia

G24.gal 11/02/2025 14:12

As sentenzas da Audiencia Provincial de Ourense condenan a Ford e a Renault a indemnizar con 6.200 euros catro clientes afectados polo denominado cártel dos coches. Estiman que pagaron un 5 % de máis e obriga as demandadas a devolverlles eses cartos mais os xuros xerados desde a compra.

Juan José Pérez Barreiro, avogado dos compradores indemnizados: "Un 3 % a maiores. O que podería conseguir un consumidor é arredor do 8 % do prezo de compra do vehículo".

O tribunal considera probado que houbo pacto de prezos, tal e como ditaminara xa en 2015 a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia nunha resolución que condenaba o 93 % das empresas do mercado da automoción a pagaren 171 millóns de euros por esta práctica abusiva.

Juan José Pérez Barreiro, avogado dos compradores indemnizados: "Non hai que probar ese cártel, ese acordo, iso xa está probado. O único que hai que probar é ser un prexudicado e o dano sufrido".

A agrupación de afectados polo cártel dos coches calcula que hai uns catrocentos mil galegos nesta situación, pero algúns xulgados consideran que o asunto xa está prescrito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade