Adif investirá 3,7 millóns en actuacións no tramo ferroviario entre Ortigueira e Burela
As actuacións consistirán no reforzo e a consolidación de trincheiras en 40 dos 55 quilómetros polos que transcorre a vía co obxectivo de dotar de "maior fiabilidade" e "minimizar" as posibles afeccións á circulación de trens
![](https://www.g24.gal/prog24/2023/20230203/cruz-_tren_FEVE_2_frame_670.png)
Adif investirá 3,7 millóns de euros para levar a cabo traballos no tramo ferroviario que conecta o municipio coruñés de Ortigueira e a localidade luguesa de Burela. As actuacións consistirán no reforzo e a consolidación de trincheiras en 40 dos 55 quilómetros polos que transcorre a vía co obxectivo de dotar de "maior fiabilidade" e "minimizar" as posibles afeccións á circulación de trens.
Así o explica Adif nun comunicado, no que engade que o contrato inclúe actividades de roza e limpeza, así como o saneamento e suavizar a pendente dos noiros. Tamén serán instaladas mallas protectoras en macizos rochosos con posibilidade de fracturación, construiranse gabias revestidas para reter os materiais que eventualmente puidesen desprenderse e, por último, actuarase sobre os sistemas de drenaxe lonxitudinal da vía, mellorando a evacuación da auga de escorrentía.