Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría obrigou a suspender o tren que tiña que saír de Vigo cara á Coruña ás 8 da mañá

Unha avaría obrigou a suspender o tren que tiña que saír de Vigo cara á Coruña ás 8 da mañá

Os viaxeiros atopáronse coa sorpresa xa na estación de Vialia en Vigo cando ían coller ese tren cara a Santiago e A Coruña, un dos máis empregados por estudantes e traballadores

Dende RENFE sinalan que tiveron que agardar polo convoi que chegaba da Coruña ás 8:50, case unha hora máis tarde, para prestar ese servizo e recolocar os usuarios

G24.gal 06/02/2025 09:51 Última actualización 06/02/2025 10:24

Nova incidencia da conexión ferroviaria do Eixo Atlántico, desta vez foi no tren das 8 da mañá. Unha avaría obrigou a suspender o servizo que sae de Vigo deixando os usuarios sen alternativa ata case unha hora máis tarde.

Os viaxeiros atopáronse coa sorpresa xa na estación de Vialia en Vigo cando ían coller ese tren cara a Santiago e A Coruña, un dos máis empregados por estudantes e traballadores. O tren tiña que saír ás oito da mañá, pero unha avaría técnica do propio tren impediu esa viaxe.

Dende RENFE sinalan que tiveron que agardar polo convoi que chegaba da Coruña ás 8:50, case unha hora máis tarde, para prestar ese servizo e recolocar os usuarios. Ademais trátase dun dos trens rápidos da mañá que tarda hora e media en facer o percorrido completo polo que os usuarios afectados trataron de buscar alternativas de transporte o máis rápido posible, ben en autobús ou outros collendo o coche e facendo a viaxe compartida.

As queixas dos viaxeiros son constantes por incidencias no servizo que, segundo apuntan, lles causan numerosos problemas ao ser un servizo de uso cotián. 

O tren, que debía chegar á estación coruñesa ás 09:30 horas, ten agora prevista a súa chegada para as 10:23 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade