Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes adxudica 49 millóns á renovación do tramo ferroviario Guillarei-Redondela

Transportes adxudica 49 millóns á renovación do tramo ferroviario Guillarei-Redondela

O ministerio apuntou que se dará "un novo impulso" á modernización da denominada Liña do Miño, que conecta Ourense e Vigo, "que reforza así a súa capacidade e fiabilidade para tráfico de viaxeiros e mercadorías"

Imaxe de arquivo/EP Imaxe de arquivo/EP
G24.gal 05/02/2025 13:59

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 49 millóns de euros a renovación integral de infraestrutura e vía do tramo da liña convencional Guillarei-Redondela. Conta cunha lonxitude total de 23,5 quilómetros.

Con isto, apuntou o ministerio, "dáse un novo impulso" á modernización da denominada Liña do Miño, que conecta Ourense e Vigo, "que reforza así a súa capacidade e fiabilidade para tráfico de viaxeiros e mercadorías".

A actuación será executada por Adif e implicará renovar a vía do trazado coa instalación de travesas, balasto e desvíos novos e de maiores prestacións, e adecuala para a futura modernización da súa electrificación. Para acadar estes obxectivos ampliaranse as dimensións dos seus catro túneles, Os Valos, Padrón, Pregal e Pedriña, de entre 53 e 972 metros. Os túneles dotaranse con novos sistemas de protección civil e seguridade e construiranse muros de ancoraxe de postes de catenaria na liña.

Os traballos completaranse coa construción dun novo viaduto de 82 metros que substituirá ao actual sobre a estrada N-550. Ademais, executarase a actuación sobre unha vintena de pasos inferiores, o reforzo de terrapléns e desmontes da liña e a renovación integral da estación de Louredo-Valos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade