Cargando resultados...
Unha incidencia provoca atrasos en varios trens do Eixo Atlántico
Os retrasos son de entre 10 e 20 minutos debido ao incidente
O problema xa foi solucionado
Foto de arquivo (César Arxina / Europa Press)
G24.gal
05/02/2025 10:30
Unha incidencia rexistrada á primeira hora deste mércores na liña ferroviaria do Eixo Atlántico provocou atrasos en varios trens, concretamente, a circulación permaneceu interrompida na vía 2 entre Ordes e Cerceda, onde estivo detido o Media Distancia Vigo-A Coruña das 06.30 horas.
A esta hora, xa se solucionou o problema e se deu tensión, polo que o tren puido continuar a marcha, pero chegou á estación coruñesa con case hora e media de atraso sobre a hora prevista.
O resto dos servizos desenvólvense con normalidade, malia que algúns presentan atrasos de entre 10 e 20 minutos debido a esta incidencia de primeira hora.