Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa se poden reservar as rutas fluviais pola Ribeira Sacra

Xa se poden reservar as rutas fluviais pola Ribeira Sacra

En 2024 61.000 persoas escolleron esta fermosa viaxe fluvial

A tempada empezará oficialmente o vindeiro 22 de marzo

As rutas fluviais polo Miño e o Sil son das máis concorridas As rutas fluviais polo Miño e o Sil son das máis concorridas
G24.gal 05/02/2025 10:33 Última actualización 05/02/2025 11:50

As rutas fluviais polos ríos Sil e Miño son as que máis viaxeiros moven. Nestas viaxes o visitante admira a Ribeira Sacra e a súa viticultura heroica desde a auga.

Trátase dun paseo que permite ver os bancais coas viñas, os cantís na contorna da hidroeléctrica de Santo Estevo ou o meandro coñecido como Cabo do Mundo.

Unha paisaxe única que o ano pasado escolleron 61.000 persoas. As rutas que circulan polo Miño e o Sil son das máis populares, pero non as únicas. En total hai nove puntos de embarque en sete municipios. Polo momento só se poden reservar os billetes. A tempada arranca oficialmente o 22 de marzo e durará ata decembro. As reservas poden facerse na web, por teléfono ou por correo electrónico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade