Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas anuncia unha investigación a Shein para ver se infrinxiu a lexislación europea

Bruxelas anuncia unha investigación a Shein para ver se infrinxiu a lexislación europea

O proceso determinará se a plataforma de comercio electrónico chinesa incorreu en prácticas desleais e inxustas

Arquivo (Reuters/Edgar Su) Arquivo (Reuters/Edgar Su)
G24.gal 05/02/2025 13:47 Última actualización 05/02/2025 13:49

A Comisión Europea anunciou este mércores unha investigación á plataforma de comercio electrónico chinesa Shein para determinar se incorreu en prácticas desleais e inxustas, contrarias á lexislación comunitaria.

"Hoxe anunciamos a posta en marcha dunha acción coordinada (...) contra Shein para investigar a conformidade da plataforma en liña e os retallistas electrónicos con certas prácticas desleais e inxustas", dixo en conferencia de prensa o comisario europeo de Xustiza e Protección ao Consumidor, Michael McGrath.

O pasado novembro Bruxelas xa decidiu abrir unha investigación ao xigante chinés Temu para avaliar se infrinxiu a Lei europea de Servizos Dixitais (DSA) sobre a venda de produtos ilegais e sobre o deseño potencialmente adictivo do servizo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade