Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trump apraza un mes os aranceis a México e negociará coa China

Trump apraza un mes os aranceis a México e negociará coa China

Sheinbaum promete despregar 10.000 axentes da Garda Nacional na fronteira para evitar o tráfico de drogas

A provincia canadense de Ontario prohíbe ás empresas estadounidenses optar a contratos públicos

A guerra de aranceis lanzada por Trump sacode as bolsas dos Estados Unidos, Europa e Asia

Albares avisa de que a UE ten "os instrumentos" para defenderse dos aranceis de Trump

O presidente dos EUA, Donald Trump, no Despacho Oval da Casa Branca. REUTERS/Carlos Barria
G24.gal 03/02/2025 16:47 Última actualización 03/02/2025 20:15

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, confirmou este luns a súa decisión de atrasar un mes os aranceis do 25 % a México tras unha conversa telefónica coa súa homóloga mexicana, Claudia Sheinbaum. Ademais, anunciou que empezará un diálogo coa China sobre os aranceis nas próximas 24 horas.

"Probablemente estaremos a falar coa China nas próximas 24 horas", anunciou Trump en declaracións aos xornalistas desde o Despacho Oval da Casa Branca.

Está previsto que o martes entren en vigor os aranceis do 10 % ás importacións chinesas aprobados por Trump durante a fin de semana.

"Temos reunións planificadas e veremos que pasa. Pero iso foi só un primeiro paso. Se non podemos chegar a un acordo coa China, entón os aranceis serán moi, moi substanciais", engadiu o presidente estadounidense.

Ademais dos aranceis do 10 % ás importacións de China, Trump tamén aprobou do 25 % a México e o Canadá. Con todo, este luns anunciouse unha suspensión temporal dun mes deses aranceis a México tras unha chamada coa presidenta mexicana, Claudia Sheinbaum.

Pausa dos aranceis e acordos con México

Nunha mensaxe na súa rede Truth Social, Trump explicou que durante ese mes de suspensión levarán a cabo negociacións con México. Por parte dos EUA, estas estarán encabezadas polo secretario de Estado, Marco Rubio, o secretario do Tesouro, Scott Bessent, e o secretario de Comercio, Howard Lutnick.

A presidenta de México, Claudia Sheinbaum. REUTERS/Henry Romero. A presidenta de México, Claudia Sheinbaum. REUTERS/Henry Romero.

Pola súa banda, Sheinbaum calificou o atraso como un "logro insólito" durante a súa conferencia matutina. “Están en pausa os aranceis, hai un acordo. Se lembran foi o que expuxen, sempre o diálogo, o diálogo de alto nivel que nos axuda entre ambos os países, e é unha boa noticia que estean en pausa as tarifas para poder traballar cara adiante", declarou a mandataria.

A primeira en informar sobre a pausa dos aranceis foi precisamente Sheinbaum, quen avanzou a través das súas redes sociais os acordos acadados con Trump.

A gobernante mexicana destacou, tras a primeira chamada que sostivo con Trump tras o seu anuncio oficial de aranceis o sábado, que "México reforzará a fronteira norte con 10.000 elementos da Garda Nacional de forma inmediata, para evitar o tráfico de drogas de México a Estados Unidos, en particular fentanilo". Un acordo que a presidenta considera que "axuda tamén" a México.

En segundo termo, afirmou que "os Estados Unidos comprométense a traballar para evitar o tráfico de armas de alto poder a México".

"Os nosos equipos empezarán a traballar hoxe mesmo en dúas vertentes: seguridade e comercio", concluíu.

A Casa Branca anunciara o sábado que a partir do martes habería aranceis do 25 % a todos os produtos mexicanos en represalia polo déficit comercial, a migración irregular e o tráfico de fentanilo.

Na súa xustificación, Washington argumentou que “os cárteles teñen unha alianza co Goberno de México e poñen en perigo a seguridade nacional e saúde pública dos Estados Unidos”.

En resposta, Sheinbaum avisou o sábado que este luns anunciaría o seu “plan B” con medidas arancelarias e non arancelarias, ademais de tachar á Casa Branca de facer acusacións “terriblemente irresponsables”.

Os aranceis preocupan a México por ser o maior socio comercial dos Estados Unidos, cun valor de exportacións a ese país de 490.183 millóns de dólares en 2023, case o 30 % do produto interior bruto (PIB) mexicano, segundo un reporte do Instituto Mexicano de Competitividade (IMCO).

O resultado das negociacións de Sheinbaum cultivou apoios do sector privado, como a Asociación de Bancos de México (ABM), que manifestou nun posicionamento "o seu firme respaldo ao Goberno de México para impulsar o diálogo como a mellor alternativa para solucionar a imposición de aranceis".

Ontario prohíbe ás empresas estadounidenses optar a contratos públicos

O primeiro ministro de Ontario, Doug Ford, anunciou este luns que prohibirá ás empresas estadounidenses optar a contratos públicos ofertados polo Goberno provincial a partir de agora e ata que se eliminen os aranceis impostos ao Canadá polo presidente dos EUA.

Imaxe de arquivo de Doug Ford, primeiro ministro de Ontario. REUTERS/Carlos Osorio Imaxe de arquivo de Doug Ford, primeiro ministro de Ontario. REUTERS/Carlos Osorio

"Cada ano, o Goberno de Ontario (...) destina 30.000 millóns de dólares (20.005 millóns de euro) á contratación, iso obviando o plan por 200.000 millóns de dólares (136.366 millóns de euros) para desenvolver Ontario. As empresas con sede nos Estados Unidos perderán agora decenas de miles de millóns de dólares en novos ingresos", asegurou Ford. "Só poderán culpar ao presidente Trump", rematou.

Segundo comunicou na rede social X esta medida tomouse en represalia polas tarifas coas que a Casa Branca quere gravar as importacións canadenses, que serán dun 25% a nivel xeral e do 10% para os produtos enerxéticos.

Así mesmo, o líder rexional avisou de que romperán o acordo subscrito con Starlink, a provedora da internet propiedade de Elon Musk, tras afirmar que "non farán negocios con xente disposta a destruír a nosa economía".

Segundo 'Bloomberg', o valor do devandito contrato ascendía a case 100 millóns de dólares canadenses (66,7 millóns de euros).

Do seu lado, Ford informou tamén de que a Xunta de Control de Licores de Ontario (LCBO), único almacenista autorizado na provincia para comercializar alcol, retirará todos os produtos estadounidenses dos seus lineais e dos seus catálogos para impedir que os establecementos hostaleiros ou retallistas poidan ofertalos.

O político afirmou que a LCBO vende 1.000 millóns de dólares canadenses (666,8 millóns de euros) en bebidas espirituosas importadas do seu veciño do sur.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade