Publicador de contidos
Publicador de contidos

Kendrick Lamar arrasa nus Grammy salpicados polos lumes de California e as políticas de Trump

Kendrick Lamar arrasa nus Grammy salpicados polos lumes de California e as políticas de Trump

Beyoncé gaña o premio a mellor álbum do ano con Cowboy Carter, e Shakira fíxose co mellor álbum de música latina con Las mujeres ya no lloran

A cantante colombiana defendeu a comunidade migrante ante as políticas de Trump e Lady Gaga e Alicia Keys reivindicaron os dereitos das persoas trans

Kendrick Lamar bateu todas as marcas tras gañar cinco Grammys na 67 edición destes premios (REUTERS / Mike Blake)
G24.gal 03/02/2025 08:55

Kendrick Lamar converteuse de maneira inesperada no artista con máis galardóns da 67 edición dos Grammy ao recibir cinco recoñecementos por parte da Academia da Gravación. O cantante californiano impúxose co seu tema "Not Like Us" en dúas categorías, gravación do ano e canción do ano, que se suman a mellor actuación de rap, mellor canción de rap e mellor vídeo musical.

Foi nunha gala na que Beyoncé volveu facer historia e triunfou nas categorías de mellor álbum country e mellor actuación country dun dueto por "II Most Wanted", xunto a Miley Cyrus.

Taylor Swift regresou coas mans baleiras malia estar proposta en seis categorías, e o mesmo lle aconteceu a Billie Eilish, quen partía como unha das favoritas da edición. E Shakira conseguiu o galardón a mellor álbum de música latina por Las mujeres ya no lloran.

"Eu tamén fun unha inmigrante", asegurou Shakira nunha gala moi reivindicativa repleta de mostras de apoio aos damnificados polos lumes de California 

Foron os máis aplaudidos. Os bombeiros que loitaron incansablemente contra os incendios dos Ánxeles do mes de xaneiro acapararon todos os focos. A traxedia estivo moi presente nesta 67 edición dos Grammy, que recadou 7 millóns de dólares para os damnificados polos devastadores incendios dos Ánxeles.

A cerimonia estivo repleta de mostras de apoio ao persoal de socorro que combateu os lumes durante tres semanas. Lamaroriúndo deste estado, lembrou no seu discurso os lugares do condado dos Ánxeles como "un verdadeiro testemuño" de que se vai seguir restaurando a cidade de maneira colectiva.

Tamén Lady Gaga e Bruno Mars honraron as vítimas ao interpretaren "California Dreamin'", unha oda ao Estado Dorado, antes de gañar o Grammy a mellor actuación pop en dúo por "Die With a Smile".

Lady Gaga e Bruno Mars interpretando Lady Gaga e Bruno Mars interpretando "California dreamin'", en lembranza das vítimas dos incendios (REUTERS / Mario Anzuoni)

Gaga aproveitou o seu altofalante para reivindicar o dereito das persoas trans e o poder da música para unir as persoas. Alicia Keys, condecorada co Grammy ao impacto global, fixo referencia á orde executiva que asinou o presidente Donald Trump sobre o recoñecemento único de dous xéneros, masculino e feminino, deixando a un lado a comunidade trans.

"A diversidade, equidade e inclusión (DEI) non é unha ameaza senón un agasallo", mencionou a intérprete de "Empire State of Mind".

Shakira recibe o premio ao mellor album latino por 'Las Mujeres ya no lloran' (REUTERS / Mario Anzuoni) Shakira recibe o premio ao mellor album latino por 'Las Mujeres ya no lloran' (REUTERS / Mario Anzuoni)

Pola súa banda, a colombiana Shakira defendeu a comunidade migrante ante as políticas de Trump, quen prometeu a maior deportación da historia dos EUA. No seu discurso asegurou: "Vostedes son amados. Valen moito, e eu sempre loitarei con vós".

Na gala deste ano, na que non había ningún artista español proposto, homenaxeouse o produtor Quincy Jones, falecido en novembro; iso supuxo a reaparición de Will Smith, un dos presentadores, tras a polémica dos Óscars de 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade