Publicador de contidos
Publicador de contidos

Decenas de miles de persoas din "basta" na Arxentina aos discursos de odio de Milei

Decenas de miles de persoas din "basta" na Arxentina aos discursos de odio de Milei

A denominada Marcha Federal do Orgullo Antifascista e Antirracista foi convocada por máis dun cento de organizacións LGTBI+

Participantes na manifestación de Bos Aires. REUTERS/Cristina Sille Participantes na manifestación de Bos Aires. REUTERS/Cristina Sille
G24.gal 02/02/2025 09:08 Última actualización 02/02/2025 10:05

Decenas de miles de persoas concentráronse este sábado en distintos puntos do territorio arxentino para dicir "basta" aos discursos de odio do presidente Javier Milei contra o colectivo LGTBI+, en manifestacións masivas que contaron co apoio de distintos sectores da sociedade.

A denominada Marcha Federal do Orgullo Antifascista e Antirracista foi convocada por máis dun cento de organizacións LGTBI+ tras as recentes declaracións do presidente no Foro Económico Mundial de Davos, onde atacou "a axenda LGTB", a "nefasta ideoloxía de xénero" e o "feminismo radical", e vinculou a homosexualidade coa pedofilia.

Colectivos sociais e organizacións de todo tipo uníronse ás manifestacións en cidades como Rosario, Córdoba, Mendoza, Mar del Plata ou Bos Aires para apoiar o reclamo da comunidade LGTBI+ e expresar o seu rexeitamento ao discurso e ás políticas do mandatario ultradereitista.

Tamén acudiron representantes da política e do mundo da cultura para rexeitar cuestións como o baleirado da saúde pública, o peche de lugares de memoria, a falta de financiamento de comedores populares e de universidades e defender os servizos públicos.

"Hoxe saímos á rúa para repudiar este Goberno, que desde que se formou o único que fai é esfamear, reprimir, discriminar e basicamente asasinarnos de formas creativas a diario e moi ridículas", dixo a Ana Clara González, manifestante de 29 anos que acudiu á marcha en Bos Aires.

Unha muller leva unha nena nos ombreiros na marcha da capital. REUTERS/Cristina Sille Unha muller leva unha nena nos ombreiros na marcha da capital. REUTERS/Cristina Sille

Malia a gravidade do reclamo, as mobilizacións leváronse a cabo nun clima de tranquilidade e non se rexistraron enfrontamentos coas forzas de seguridade, que montaron un enorme operativo en distintas cidades do país pero non interviñeron.

A xente colmou as rúas da Arxentina de bandeiras co arco da vella, que ondearon no aire, e con abanos que axudaron a facer fronte a unha calor atafegante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade