Cargando resultados...
Galicia buscará talento no exterior, con feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai
Galicia buscará talento no exterior, con feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai
Un dos grandes retos do mercado laboral é a escaseza de man de obra
As feiras de emprego faranse en colaboración coas empresas galegas
G24.gal
28/01/2025 14:41
Un dos grandes retos do mercado laboral é a escaseza de man de obra. Galicia buscará talento no exterior. En marzo haberá feiras de emprego en colaboración coas empresas galegas na Arxentina e no Uruguai.
"Tal e como sinala a Unión Europea, os esforzos para acadar este obxectivo teñen que ir máis alá das nosas fronteiras, do noso mercado laboral, o traballo ten que facerse dentro de Galicia, mellorando a empregabilidade, pero esténdese tamén fóra, na atracción de residentes no exterior", dixo o conselleiro de Emprego, José Gonzalez, durante a súa comparecencia no Parlamento.