Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rutas ornitolóxicas na provincia de Pontevedra

Rutas ornitolóxicas na provincia de Pontevedra

No inverno milleiros de aves transitan e recalan en Galicia fuxindo do frío

Este domingo celébrase o Día dos Humedais

G24.gal 02/02/2025 14:29

Milleiros de aves chegan a Galicia no inverno. As rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife achegános a elas dun xeito didáctico coa programa Voando nas Rías Baixas, que hoxe se desenvolveu na foz do Miñor entre Nigrán e Baiona.

Os asistentes puideron contemplar un dos poucos Ibis que hai en Galicia proveniente de Cádiz, a garza real, biluricos, unha aguia pescadora que afastou a todas as limícolas, corvos mariños de todas as dimensións, virapedras, lavandeiras brancas e garzas reais.

Unha lección fascinante en que vimos tamén aves chegadas do Lago Ness polos aneis das patas.

No día dos humidais este intermareal goza agora de maior protección, xa que a Unión Europea deseña un plan para protexelos mellor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade