As bolsas da Xunta para estudar idiomas no estranxeiro poden solicitarse a partir do luns
As bolsas da Xunta para estudar idiomas no estranxeiro poden solicitarse a partir do luns
Son oitocentos estudantes de bacharelato e universitarios os que poderán beneficiarse destas axudas
Os bolsas cubrirán entre o 92 % e o 69 % do custo das súas estadías no Reino Unido, o Canadá, Francia, Portugal e Alemaña
Aprender ou perfeccionar idiomas no estranxeiro este verán é o obxectivo dunha convocatoria da Xunta de bolsas para alumnos de bacharelato ou universitarios.
Son oitocentos estudantes os que poderán beneficiarse destas axudas, que se van publicar este luns no Diario Oficial de Galicia.
Os bolsas cubrirán entre o 92 % e o 69 % do custo das súas estadías no Reino Unido, o Canadá, Francia, Portugal e Alemaña. O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 3 de marzo e a Xunta destina máis de dous millóns de euros para este programa.