As bolsas abren á baixa á espera do que decida o BCE
Na apertura, o parqué madrileño cedía un 0,51 % e situábase por baixo dos 12.900 puntos
Tódalas bolsas europeas agás Fracqfurt abriron á baixa pendentes do Banco Central Europeo, que podería volver baixar os xuros un cuarto de punto
.png)
A Bolsa española amplía este xoves as perdas iniciais e cedía o 0,51 % na apertura, ata situarse por baixo dos 12.900 puntos. Faino nunha xornada na que o mercado está á espera da reunión do Banco Central Europeo (BCE) que, segundo se prevé, recortará de novo os tipos de interese nun cuarto de punto.
Ás 9.10 horas de hoxe, festivo pola celebración do Xoves Santo, o IBEX 35, o principal selectivo español deixábase un 0,51 %, ata os 12.878,9 puntos. As ganancias acumuladas no ano redúcense ata o 11,12 %.
As bolsas europeas tamén abren en vermello
Á espera do BCE, as principais prazas europeas iniciaron a sesión en negativo, agás Frankfurt, que sobe o 0,39 %.
Londres cae o 0,61 %; París, o 0,34 %; e Milán, o 0,29 %.
A esta hora, os futuros sobre os principais indicadores de Wall Street adiantan unha apertura alcista, mentres en Asia, o Nikkei de Tokio avanza o 1,35 %, despois de que Trump asegurara que as negociacións sobre os aranceis con Xapón foron positivas e realizouse un gran progreso. O Hang Seng de Hong Kong tamén avanza o 1,26 % e Shanghái un leve 0,02 %.
En Europa, o euro baixa e cámbiase a 1,136 dólares. No mercado de débeda, a rendibilidade do bono español a dez anos sitúase no 3,211 %, coa prima de risco con Alemaña en 71 puntos básicos.
O petróleo Brent, de referencia en Europa, sobe o 0,62 %, ata os 66,25 dólares; mentres que o ouro baixa o 0,55 %, ata os 3.326,3 dólares, despois de alcanzar esta madrugada novos máximos.