Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gonzalo Caballero di que rexeita a proposta de Estatutos que fai Gómez Besteiro para o PSdeG

Gonzalo Caballero di que rexeita a proposta de Estatutos que fai Gómez Besteiro para o PSdeG

Caballero sostén que a dirección reduce o papel da militancia na elección de membros do Comité Nacional Galego

G24.gal 02/02/2025 13:16 Última actualización 02/02/2025 13:28

O exdirixente dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, di que rexeita a proposta de Estatutos que fai Gómez Besteiro para o PSdeG con vistas ao XV Congreso.

En declaracións á Radio Galega, Caballero sostén que a dirección reduce o papel da militancia  na elección de membros do Comité Nacional Galego e que perpetúa un asalto á participación e que quere perpetuar o partido das baronías.

O exlíder dos socialistas galegos anunciou hai dúas semanas que non se presentaría ás primarias do partido. Caballero foi secretario xeral dos socialistas galegos enre 2017 e 2021.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade