Publicador de contidos
Publicador de contidos

Augas de Galicia emite un informe favorable ao proxecto de Altri en Palas de Rei

Augas de Galicia emite un informe favorable ao proxecto de Altri en Palas de Rei

Augas de Galicia, organismo dependiente da Consellería de Medio Ambiente, conclúe no informe Altri que cumpre cos requisitos ambientais e é "compatible" coa calidade da auga do río Ulla

Altri debe obter aínda unha trintena de informes favorables máis para conseguir a declaración de impacto ambiental positiva

G24.gal 01/02/2025 18:58

 Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, emitiu un informe favorable ao proxecto de Altri no municipio lucense de Palas de Rei, no que conclúe que cumpre cos requisitos ambientais e é "compatible" coa calidade da auga do río Ulla.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, confirmou este sábado a valoración positiva do informe de Augas de Galicia e indicou que a súa conclusión é que o proxecto "cumpre cos obxectivos ambientais" marcados a nivel europeo, pola Organización Mundial da Saúde e pola lexislación española e autonómica.

O proxecto da planta de celulosa da multinacional portuguesa espertou unha forte contestación social e política en Galicia polo seu posible impacto ambiental.

Malia ao aval de Augas de Galicia, Altri debe obter aínda unha trintena de informes favorables máis para conseguir a declaración de impacto ambiental positiva.

Vázquez dixo que "non pode deixar de estar tranquila desde o momento en que os informes son favorables e din que cumpren coa lei".

As reaccións a este informe positivo de Augas de Galicia non se fixeron esperar e o BNG xa o cualificou de "atentado ambiental" e "cacicada".

Sinalou, Ángeles Vázqez, que o informe está "asinado por sete técnicos" e que ela confía "totalmente nos funcionarios e os técnicos", aínda que precisou que Augas de Galicia esixe a Altri "mellorar a situación" do encoro de Porto de Mouros, onde ten previsto captar auga para a factoría.

"Levamos un tempo facendo estudos, son máis de 30 os que hai que emitir. Hai que darlles o tempo necesario aos técnicos para que pidan a documentación que ven precisa", dixo.

Reaccións

As reaccións a este informe positivo de Augas d Galicia non se fixeron esperar e a Plataforma A Ulloa Viva criticou, en declaracións a Radio Nacional de España (RNE), que coñeceu este informe, así como outras informacións, por parte da prensa e acusou á Xunta de "negarlle información". 

Pola súa parte, o BNG cualificou o informe de Augas de Galicia de atentado ambientalcacicada. O voceiro parlamentario de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, dixo que se trata dunha "crónica dunha autorización anunciada", xa que a Xunta "hai tempo que decidiu autorizar a macrocelulosa de Altri".

"Vai amañar todos os informes para conseguilo, con irregularidades de todo tipo e presións ao persoal da Administración", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos