Publicador de contidos
Publicador de contidos

O peirao de Vilagarcía vai contar cun centro para recibir peregrinos náuticos

O peirao de Vilagarcía vai contar cun centro para recibir peregrinos náuticos

A Xunta vai investir preto de 800.000 euros nesta infraestrutura

Alfonso Rueda salienta a importancia deste turismo para Galicia

G24.gal 01/02/2025 15:02 Última actualización 01/02/2025 16:04

O futuro centro de recepción de turistas náuticos estará situado no lugar que agora ocupan unhas vellas instalacións, que serán demolidas. As novas edificacións contarán con recepción de peregrinos, tenda e zonas verdes.

Segundo o presidente da Xunta, é un paso máis para impulsar a ruta Traslatio, a única do Camiño de Santiago que permite peregrinar por mar, augas fluviais e por terra. 

"Cada vez o turismo náutico ten máis forza e o que hai que conseguir é que esa xente, que ten un poder adquisitivo importante, veña aquí e nos coñeza; e para iso hai que darlles cousas que facer que lles chamen a atención, como todo o que teña que ver con coñecer o turismo de Santiago e as rías; e para iso hai que darlles instalacións axeitadas", asegura o presidente da Xunta.

Galicia pechou 2024 cunha nova marca de turistas, con máis de 8 millóns de visitantes. Alfonso Rueda di que "tendo en conta que vimos dos 5 millóns do ano 2019, o que demostra é que cada vez hai máis xente que vén a Galicia". 

"O que temos que facer é conseguir que siga vindo, non sobra ninguén, e despois conseguir que veña durante todos os meses do ano", concluíu Rueda.

A Xunta vai investir case 800.000 euros na construción do futuro centro de peregrinos náuticos de Vilagarcía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade