Rueda agarda que o Consello de Política Fiscal sirva para negociar un novo modelo de financiamento
Rueda agarda que o Consello de Política Fiscal sirva para negociar un novo modelo de financiamento
O presidente da Xunta di que se a cita "é só para falar da condonación da débeda, que é o que lle interesa a Cataluña, será unha oportunidade perdida"
O Goberno citou as comunidades autónomas para o próximo 26 de febreiro
O Goberno citou as comunidades autónomas para o Consello de Política Fiscal e Financieira o próximo 26 de febreiro. Alfonso Rueda agarda que a cita sirva para negociar un novo modelo de financiamento e non só para falar da condonación da débeda a Cataluña.
"Agardo que valla para o que ten que valer este órgano, falar da financiamento autonómico e non só falar da condonación, que é o que pretende o goberno central, senón falar do que nos interesa a todas as comunidades autónomas, que é o novo modelo de financiamento autonómico. Se é para iso, benvido sexa, por fin se convoca, non será por non telo pedido, se é só para falar da condonación da débeda, que é o que lle interesa a Cataluña, entón será unha oportunidade perdida".