Rueda asina un convenio de colaboración con empresarios galegos no Brasil para fomentar as relacións comerciais
Rueda asina un convenio de colaboración con empresarios galegos no Brasil para fomentar as relacións comerciais
Rueda asina un convenio de colaboración con empresarios galegos no Brasil para fomentar as relacións comerciais
O presidente da Xunta destacou a importancia deste tipo de convenios pola contribución a consolidar a marca Galicia no exterior
O presidente da Xunta asinou un convenio de colaboración coa Associaçao Brasileira de Empresarios Galegos (Abegal), no Río de Xaneiro, para fomentar as relacións comerciais, profesionais e de investimento, así como apoiar a captación de novos asociados para a entidade, de forma que se fortaleza a súa presenza no mercado brasileiro.
Rueda, no nome do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e o presidente de Abegal, José Manuel Caamaño, selaron este acordo, aprobado esta mesma semana no Consello da Xunta.
"A contribución de Abegal é clave para consolidar a marca Galicia, representando a calidade e o saber facer que nos define tanto en Galicia como no exterior", afirma Rueda.
Durante a súa intervención, destacou tamén o potencial exportador da comunidade galega nos sectores agroalimentario e vitivinícola.
Tamén lembrou que a estratexia Galicia Retorna busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior entre 2023 e 2026.
Remarca as oportunidades que ofrece Galicia para os empresarios brasileiros en sectores como biotecnoloxía, as TIC e as enerxías renovables. Durante a súa xira polo Brasil, o presidente da Xunta tamén visitará este venres a emblemática Casa de Espanha no Río de Xaneiro, unha institución que representa un nexo entre pobos irmáns. Alí, fará entrega de senllas placas conmemorativas tanto á Casa de Espanha como á Asociación Recreo dos Anciáns do Río de Xaneiro.