Campañas institucionais ás portas do 25-N para visibilizar a violencia machista
Campañas institucionais ás portas do 25-N para visibilizar a violencia machista
En Galicia, a campaña polo 25 de novembro da Xunta está dirixida especialmente ao colectivo da mocidade
A campaña do Ministerio de Igualdade, baixo o lema "Nin unha máis, nin unha menos", quere visibilizar a violencia machista, insistindo en que a vergoña debe cambiar de bando
O vindeiro luns é 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contras as Mulleres. Este venres presentábase a campaña do Ministerio de Igualdade baixo o lema "Nin unha máis, nin unha menos". Quere visibilizar a violencia machista, insistindo en que a vergoña debe cambiar de bando. Apelando á importancia das contornas para acurrarlar os agresores.
En Galicia, a campaña polo 25 de novembro da Xunta está dirixida especialmente ao colectivo da mocidade. A directora xeral de Igualdade, María Quintiana, aseguraba na Radio Galega que a educación é fundamental para seguir avanzando nunha sociedade igualitaria.