Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta laranxa por temporal costeiro este sábado na provincia de Coruña

Alerta laranxa por temporal costeiro este sábado na provincia de Coruña

Prevense ventos do sur e suroeste de forza 8 e ondas de ata seis metros en mar aberto

Imaxe de arquivo da praia do Orzán, na Coruña / Europa Press Imaxe de arquivo da praia do Orzán, na Coruña / Europa Press
G24.gal 22/11/2024 18:43

A Xunta de Galicia informa de que un fenómeno meteorolóxico adverso estará activo este sábado no noroeste e oeste do litoral coruñés. A información, facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, achega a presenza dun vento do sur e suroeste de forza 8 e con onda de ata seis metros mar dentro. 

O Goberno galego lembra a importancia de manterse afastado da liña costeira e que se extremen as medidas de seguridade para realizar calquera actividade no mar. A través do 112, o Goberno xa deu aviso laranxa a concellos, servizos provinciais, Deputación, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade