Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como recibimos as alertas de Protección Civil

Como recibimos as alertas de Protección Civil

Emiten un ruído estridente para avisar de posibles catástrofes nun territorio concreto

G24.gal 04/11/2024 16:06

As alertas de Protección Civil non son unha mensaxe de texto convencional, nin soan igual. O son é molesto e incómodo, pero intencionado.

O ruído intenso busca chamar realmente a atención dos cidadáns que reciben a alerta. Xa que é unha advertencia ante un posible desastre natural. Terremotos, ataques terroristas, a erupción dun volcán, a chegada dun furacán, catástrofes medioambientais, chuvias torrenciais...

Para que o asubío deixe de soar, quen recibe a alerta debe pulsar o botón de "aceptar". Se o teléfono está silenciado ou en modo non molestar, o aviso chegará igual. Non chega a notificación de Protección Civil cando o móbil está apagado ou fóra de cobertura.

As mensaxes do sistema de Es-Alert notifican un perigo concreto, envía as recomendacións, o xeito de actuar para que os danos sexan os menos posibles. O sistema de aviso de catástrofes é relativamente novo en España. No Xapón ou nos Estados Unidos hai anos que se utilizan.

Segundo a Organización Meteorolóxica Mundial, lanzar un aviso de advertencia dunha catástrofe 24 horas antes da emerxencia, reduce nun 30 % os danos.

Estes días, milleiros de persoas, nas zonas en risco pola DINA, están recibindo as mensaxes de alerta no seu teléfono móbil nun territorio concreto.

O sistema non recolle os datos persoais dos usuarios, só recoñece a localización e advírteos da situación de perigo e como deben actuar.

Como activar as alertas

Ao contrario do que se poida pensar, as alertas de emerxencias adoitan estar desactivadas por defecto, e hai que realizar unha serie de pasos para activalas.

Os pasos poden variar segundo o modelo de dispositivo. En caso dos teléfonos iPhone habería que entrar en Axustes, ir a Notificacións e finalmente comprobar que estean activadas as Prealertas de Protección Civil.

No caso de que o teléfono sexa Android, o procedemento xeral é entrar en Axustes, ir a Notificacións, acceder a Axustes avanzados, e premer en Permitir alertas e prealertas de Protección Civil no apartado Alertas de Emerxencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade