O Goberno quere incluír formación obrigatoria aos futuros condutores para saber actuar nunha emerxencia
O Goberno quere incluír formación obrigatoria aos futuros condutores para saber actuar nunha emerxencia
O Goberno quere incluír formación obrigatoria aos futuros condutores para saber actuar nunha emerxencia
Dende a Confederación Nacional de Autoescolas agardan que esa formación vaia máis alá duns simples contidos teóricos e sexan cursos de sensibilización
Darlles aos futuros condutores ferramentas para saber actuar en caso dunha emerxencia, ese é o obxectivo do Goberno. Pretende introducir formación específica obrigatoria cun cambio na Lei de Protección Civil.
"Tanto na lei do noso sistema educativo como tamén na formación na condución, no carné de conducir, propoñemos neste real decreto lei unha modificación na Lei de Protección Civil", informa Pedro Sánchez, presidente do Goberno.
Á espera de como se vai orientar esa formación, a proposta está tendo boa acollida.
"A formación e estar preparados sempre é beneficioso, sempre nos vai axudar", opina Begoña del Río, responsable de Protección Civil de Santiago.
Dende a Confederación Nacional de Autoescolas agardan que esa formación vaia máis alá duns simples contidos teóricos e sexan cursos de sensibilización.
"Todos sabemos que os cursos de sensibilización deben de ser sempre presenciais, porque iso vainos permitir, á parte de dar conceptos teóricos, facer prácticas de como levalos a cabo", opina Jesús Cernadas, vicepresidente da Asociación Provincial de Autoescolas da Coruña.
Malia que a tendencia natural é pecharnos dentro do coche para protexernos da inundación, o que se debe facer é abandonar o vehículo o antes posible e sempre polo lado contrario á corrente.
"E intentar abrir a porta o antes posible, porque cando a auga chega á altura da ventá fai tal forza que non imos ser quen de saír", explica Begoña del Río.
Levar un martelo no vehículo para romper o cristal é unha boa recomendación. Algúns coches novos xa levan incorporado un sistema automático de apertura das ventás.
"Si, si, é unha ADA, é unha axuda electrónica que xa actúa no coche automaticamente. Ao detectar presenza de auga, xa automaticamente o fai", apunta Jesús Cernadas.