Publicador de contidos
Publicador de contidos

Consumo alerta de salmonela nunhas croquetas estremeñas que se venden en Galicia

Consumo alerta de salmonela nunhas croquetas estremeñas que se venden en Galicia

No caso de consumir o produto afectado e presentar sintomatoloxía compatible coa salmonelose (principalmente diarrea e vómitos), recoméndase acudir a un centro de saúde

Unha bolsa das croquetas afectadas. Imaxe da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) Unha bolsa das croquetas afectadas. Imaxe da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN)
G24.gal 24/10/2024 18:43

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), dependente do ministerio de Consumo, foi informada pola comunidade autónoma de Estremadura, a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI), da posible presenza de salmonela en croquetas conxeladas de todas as variedades da marca Las Croquetas de Fer.

Atópanse afectadas todas as croquetas en bolsa dun quilo elaboradas entre o 13 de setembro deste ano ao 15 de outubro, e con datas de caducidade de entre o 13 de marzo de 2026 e o 15 de abril de 2026.

Segundo a información dispoñible, a distribución inicial foi ás Comunidades Autónomas de Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Castela e León, Estremadura, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, A Rioxa e Comunidad de Madrid, aínda que non é descartable que poidan existir redistribucións a outras comunidades autónomas.

Recoméndase ás persoas que teñan no seu domicilio o produto afectado por esta alerta, abstéñanse de consumilo. No caso de consumir o produto dos lotes afectados e presentar algunha sintomatoloxía compatible coa salmonelose (principalmente diarrea e vómitos acompañados de febre e dor de cabeza), recoméndase acudir a un centro de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade