A Xunta reclamará as competencias meteorolóxicas para que Meteogalicia dea alertas
A Xunta reclamará as competencias meteorolóxicas para que Meteogalicia dea alertas
O conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, defendeu que o servizo galego de predición é moito máis preciso que o do Estado
Rueda aposta por conxugar o respecto ao medio natural co desenvolvemento económico
A Xunta vai solicitar ao Estado a competencia en materia de meteoroloxía para poder dar alertas a través do servizo de Meteogalicia que, segundo o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, é "moito máis preciso" que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Durante a súa comparecencia na Comisión terceira do Parlamento, para explicar os orzamentos do seu departamento para 2025, Calvo destacou que o temporal que sufriu Galicia hai dúas semanas, o furacán Kirk que se converteu en borrasca, demostrou a maior precisión do servizo meteorolóxico galego.
Así que "é unha competencia que imos reclamar para poder usar Meteogalicia", apuntou na súa intervención inicial, na que non especificou máis que o feito de este organismo meteorolóxico, dependente da Consellería de Medio Ambiente, poida "dar alertas", xa que desta maneira serán "moito máis completas" nalgúns sitios.