Publicador de contidos
Publicador de contidos

Homenaxe en Santiago ao expresidente da Xunta Fernando González Laxe

Homenaxe en Santiago ao expresidente da Xunta Fernando González Laxe

O Foro Económico de Galicia e a USC lembran a traxectoria do expresidente da Xunta

González Laxe xubílase do seu labor como docente e economista

G24.gal 11/12/2024 14:49

Pasaron 37 anos dende que Laxe xurou o seu cargo como presidente da Xunta, a política e a docencia marcaron a vida do expresidente da Xunta, o socialista Fernando González Laxe que hoxe deixa as aulas e desde o Foro Económico de Galicia e a USC quixeron lembrar a súa exitosa traxectoria.

"Como concibiu a vida universitaria como verdadeiro ascensor social, favorecedor da igualdade de oportunidades", di o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro.

Cunha vintena de publicacións ás súas costas e numerosas investigacións sobre economía marítima e portuaria, Laxe é un dos grandes coñecedores da evolución económica de Galicia. 

"A traxectoria vital de Fernando é un espello dos mellores valores da nosa sociedade", comenta o tamén ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. 

Economista, profesor, político e servidor público. 

"Tiñamos unha gran preocupación non defraudar á sociedade", asegura o homenaxeado.

Ao acto asistiron numerosos académicos, empresarios, xornalistas e compañeiros de partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade