Publicador de contidos
Publicador de contidos

Temperaturas baixo cero no interior de Galicia e moi baixas na costa

Temperaturas baixo cero no interior de Galicia e moi baixas na costa

O concello ourensán de Calvos de Randín chegou aos menos sete graos 

O frío seguirá nas próximas xornadas, pero non irá a máis

Calvos de Randín rexistra unha mínima de -6,6 graos nunha mañá de xeadas na metade de Galicia

G24.gal 11/12/2024 14:53 Última actualización 11/12/2024 15:26

Xeadas, néboas persistentes e friaxe, moita friaxe. 

O frío do inverno conxela o alento, sobre todo no interior, onde os termómetros caeron baixo cero. 

"Esta noite ademáis do frío quedamos co ceo despexado, e sen esa mantiña de nubes e coas noite longas o termómetro vai caendo e rexistrando valores en negativo en todo o interior. A máis baixa, case menos sete graos en Calvos de Randín", explica María Souto, meteoróloga de Meteogalicia.

Calefaccións e lareiras funcionan por fin a pleno rendemento. Algúns sacan hoxe a bufanda e as luvas por vez primeira despois dun outono anormalmente cálido.

O mar suaviza, pero non evita tampouco a caída de temperaturas na costa. En Vigo, o día púxose a xogo coa decoración de Nadal.

Ao faltar a chuvia non se prevé neve, pero, ollo, que o frío continúa. 

"Seguiremos con aire frío sobre Galicia as próximas xornadas, pero a baixada de temperaturas non vai ir a máis. Seguiremos con estes mesmos valores nas noites nos próximos días", engade María Souto.

Así que vaian collendo abrigo, manta e leña, porque semella que, desta volta, chegou o inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade