Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen unha parella na Pobra do Caramiñal por estafa na contratación de servizos telefónicos

Deteñen unha parella na Pobra do Caramiñal por estafa na contratación de servizos telefónicos

Están acusados de múltiples delitos de usurpación de identidade e estafas bancarias

G24.gal 11/12/2024 14:53

A Garda Civil de Boiro detivo unha parella de 35 e 37 anos, da Pobra do Caramiñal, por usurpación de identidade e estafa. 

Facíanse pasar por outras persoas para contratar servizos de telecomunicacións con diferentes compañías.

A maioría das vítimas que denunciaron estas estafas residen na comarca do Barbanza, pero tamén se viron afectadas persoas de fóra de Galicia, como de Valladolid, As Palmas, as Baleares ou Xaén.
A parella detida xa tiña antecedentes penais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade