Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen dous irmáns de Lugo por estafar a súa avoa coa compra de coches

Deteñen dous irmáns de Lugo por estafar a súa avoa coa compra de coches

Compraban os coches, poñían de titular a anciá e logo non pagaban nin impostos nin multas

A muller descubriu o calote cando lle embargaron a súa conta

G24.gal 28/10/2024 13:56

Compraban coches e como titular poñían a avoa. Así fixéronse cuns cinco vehículos. Usábanos todos os membros da familia, pero ningún pagaba nin os impostos correspondentes nin as multas das infraccións que cometían ao volante dos mesmos. 

"Do pagamento dos impostos e outros trámites administrativos que supón dispoñer un vehículo, así como unha serie de sancións que tamén se acumularon", explica Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional de Lugo.

A estafa descóbrese cando a avoa recibe unha notificación de embargo da conta. "Ela dáse de conta porque lle desaparecen os cartos da conta e pregunta na entidade bancaria, que lle comunica o embargo", engade Manuel Arias.

A muller denuncia os feitos na policía sen sospeitar que quen a estaba estafando eran os seus propios netos, que tiñan fácil acceso a toda a documentación da anciá.

Os detidos están acusados dos delitos de estafa e suplantación de identidade. Os dous irmáns xa pasaron a disposición xudicial e quedaron en liberdade con medidas cautelares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade