Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina o parque de pesca e a ponte dun barco no peirao de Burela

Un incendio calcina o parque de pesca e a ponte dun barco no peirao de Burela

O lume provocou moito fume e precisou da actuación dos bombeiros de Barreiros

Traballadores e voluntarios da zona trataron inicialmente de atallar o incendio polos seus medios

G24.gal 01/02/2025 14:47 Última actualización 01/02/2025 15:22

Foi un particular que paseaba polo peirao de Burela o que deu a voz de alarma ao ver fume no barco onte ao serán. De inmediato os traballadores da zona trataron de atallar o incendio, que tivo que ser extinguido finalmente polos bombeiros de Barreiros, co apoio dos de Viveiro.

O fume e a estreitura do lugar complicaban os labores de extinción. Os bombeiros empregaron preto de dúas horas e media.

O parque de pesca e a ponte do barco resultaron moi afectados, pero salvouse o aparello e a sala de máquinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade