O neto de Roberto Verino abre a marca ao mundo virtual do metaverso
O neto de Roberto Verino abre a marca ao mundo virtual do metaverso
Iago Jover, fillo de Cristina Mariño, quere manter a filosofía da marca creada por seu avó no mundo virtual do metaverso
Roberto Verino busca remuda xeracional no mundo virtual. Un neto do deseñador, Iago Jover, lidera un proxecto de innovación que explora no metaverso unha nova dimensión para a moda, pensada para vestir almas máis que corpos.
Criado entre pezas dende cativo, Iago, fillo de Cristina Mariño, a maior dos dous fillos de Roberto Verino e falecida hai tres anos, prepárase para coller as rendas do negocio.
Como ten inquedanzas científicas, logo de probar en diversos eidos, incluso como astronauta, aínda que é licenciado en Ciencias Políticas, seu avó fichouno para pilotar a área de Innovación.
Co seu primeiro proxecto no departamento entra no mundo do metarverso, para darlle outra dimensión á moda, explorando as posibilidades da marca no espazo virtual.
Despois de catro décadas, as novas xeracións procuran alongar a traxectoria dunha firma que dende Verín conquistou medio mundo.