Este domingo celébrase o Día Mundial dos Humidais, ameazados pola crise climática
Este domingo celébrase o Día Mundial dos Humidais, ameazados pola crise climática
A conselleira de Medio Ambiente visitou o encoro ourensán de Cachamuíña
Galicia conta con seis humedais incluídos no rexistro internacional Ramsar
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático desprazouse este domingo ao concello ourensán do Pereiro de Aguiar para celebrar o Día Mundial dos Humidais, uns ecosistemas, a cabalo entre a terra e a auga, que cada vez están máis ameazados pola crise climática e a urbanización.
Con todo, Ángeles Vázquez amosouse satisfeita co grao de conservación destes espazos, aínda que admite que sempre se pode mellorar.
"Temos un rexistro de humidais, que aumentamos nun 61 por cento entre o 2023 e o 2024, e Ourense está no terceiro lugar, aínda que o que pretendemos é ir a máis. Á Xunta, a través da consellería de Medio Ambiente, tócalle poñer couto cando non se cumpre e somos moi estritos e ao final conseguimos que a xente se conciencie e tamén as industrias, que utilicen as mellores técnicas que hai no mercado para que o impacto sexa o menor posible".