Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un Samaín de película no xardín dunha urbanización do Pereiro de Aguiar

Un Samaín de película no xardín dunha urbanización do Pereiro de Aguiar

Un veciño da urbanización Tapada de Bouzas recrea escenas de terror inspiradas no cinema para celebrar a noite do Samaín

El mesmo constrúe os decorados e os mecanismos electrónicos, que controla mediante un ordenador

A festa ten gran seguimento entre a veciñanza, sobre todo os cativos, que xogan ao truco ou trato

G24.gal 30/10/2024 20:57

A David González sempre lle gustou celebrar o samaín, ou máis ben a versión norteamericana da celebración, é dicir, o Halloween. "Xa decorabamos o piso, pero cando viñemos para aquí, a un chalé con xardín, abríronsenos aínda máis as posibilidades de montar decorados máis grandes. Os nenos pásano ben, trátase de traer aquí a celebración do Halloween", di David.

Cada ano monta no xardín un decorado de película de terror en que non faltan os efectos especiais propios do xénero. Nesta ocasión inspirouse na película A autopsia de Jane Doe ou La morgue.

El mesmo deseña e constrúe os decorados, como os nichos feitos con porespán, ou un forno crematorio articulado. O máis rechamante son as linguas de lume que saen no medio do escenario.

Unha cadeira de rodas do ano 1936, completa o decorado. "Un ordenador controla todos os mecanismos, que activo só con premer un botón", sinala David.

O hábito de decorar as casas polo Samaín iniciouno a asociación de veciños da urbanización Tapada de Bouzas hai case unha década. Pero dende hai uns catro anos aumentou o número de participantes

"É todo un pouco ianqui, a verdade, un chisco afastado do Samaín de aquí. E algo de pique hai entre os veciños, aínda que hai algúns que son profesionais", apunta Daniel, un veciño do barrio que tamén decora a súa casa.

O ano pasado David mesmo recreara un sinistro de tráfico, mortal por suposto. Unha combinación de medo e espectáculo para un Samaín un tanto americanizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade