Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os seres terroríficos propios do Samaín invaden os escaparates de todo o país

Os seres terroríficos propios do Samaín invaden os escaparates de todo o país

No calendario do escaparatismo cada vez comeza antes e gaña máis peso esta campaña

Escaparate dunha farmacia na rúa Policarpo Sanz, en Vigo
Félix Aragunde 25/10/2024 20:45

No calendario do escaparatismo cada vez vai gañando máis peso a campaña do Samaín. Son xa moitos os negocios de todo o país que se apuntan a botar man de reclamos terroríficos para expoñer os seus produtos ou servizos.

As arañeiras, os esqueletos ou as cabazas son algúns dos elementos máis socorridos nos escaparates nestes días previos á festa. Posto que se trata de captar a atención da potencial clientela, mellor canto máis rechamantes.

Javier Cordero, farmacéutico: "Malia sermos unha farmacia, tamén somos un negocio da zona e gústanos conectar coa xente que nos rodea e darlle un pouco de vida a isto".

E para subministrar a decoración dos escaparates, cada vez é maior a variedade de obxectos que se venden nas tendas especializadas. De feito, aspiran a que a campaña dure o mes enteiro.

Javier Díaz Fernández, encargado dun bazar: "Todo canto ten que ver coa decoración dos escaparates está en aumento constantemente. Cada ano investimos máis no previo ao Samaín".

Pedro Ponce, dono dunha tenda especializada: "A panadería do lado, por exemplo, cómpranos a decoración, ou a tenda de froitas que quere poñer unhas arañas ao lado das cabazas que venden. Movemento, hai, e os negocios únense a este entroido de outono".

Unha vez remate outubro, será daquela a quenda da decoración do Nadal, que xa está á volta da esquina.

Escaparate dunha panadería na rúa San Roque, en Lugo Escaparate dunha panadería na rúa San Roque, en Lugo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade