Publicador de contidos
Publicador de contidos

Friol celebra o Samaín no seu campamento castrexo á beira do río

Friol celebra o Samaín no seu campamento castrexo á beira do río

Houbo obradoiros, xogos tradicionais e un paseo das ánimas polo medio da vila

G24.gal 02/11/2024 21:08 Última actualización 02/11/2024 21:28

Friol celebra esta fin de semana a novena edición do Samaín, unha festa que este ano puido celebrarse no campamento castrexo que o concello ten á beira do río.

Obradoiros ou xogos tradicionais foron algunhas das actividades nas que participaron centos de persoas.

Foi unha xornada de convivencia onde se lles aprende aos máis cativos a facer candeas, colares de zonchos, a tratar a la ou a baleirar as cabazas.

Un paseo das ánimas polo medio da vila e unha queimada oficiada por un druída, con chocolate e touciñada pecharon o Samaín friolés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar