Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cans de caza atacan un menor de idade e a súa mascota no Pereiro de Aguiar

Cans de caza atacan un menor de idade e a súa mascota no Pereiro de Aguiar

O rapaz quedou ferido nas mans e houbo que vacinalo do tétanos

A operación para salvar a mascota custou 1.500 euros

Andrés Pavón/David Gil 01/10/2024 12:26

Un mozo de 16 anos foi atacado por unha manda de cans de caza mentres paseaba coa súa mascota a poucos metros da casa e nun parque infantil. O mozo mesmo tivo que vacinarse do tétano por precaución. Peor sorte levou o seu can, de raza chihuahua, que tivo que ser operado de urxencia despois de que os outros cans o trabaran por todo o corpo. A nai do rapaz está indignada co acontecido, pero teme represalias dos cazadores.

"O neno oíu os cans e xa os viu enriba. Atacárono a el e a cadela. Un veciño axudou pero botábanse a eles", explica a nai do menor.

A proximidade dos terreos do tecor coas vivendas da urbanización xa causou conflitos noutras ocasións. Os cans de caza mataran unha egua e os veciños temen que algún disparo perdido poida causar danos graves. Por iso, a muller denunciou o acontecido ante a Garda Civil. Quere que os donos dos cans asuman os gastos sanitarios e que se poña fin á situación.

"O rapaz chegou nervioso. Non podía nin tragar e xa vin que tiña sangue nas mans".

Olga di tamén que os veciños prefiren non saír das casas os días que hai cazadores preto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade