A ONG do chef José Andrés suspende as operacións en Gaza tras a morte de tres traballadores nun ataque israelí

Un dron lanzou varios proxectís contra o todoterreo no que viaxaban, mentres se aseguraba un convoi con axuda humanitaria e varios ladróns intentaban apoderarse da mercadoría
Un ataque israelí matou este sábado en Gaza tres empregados de World Central Kitchen, a oenegué do cociñeiro español José Andrés. O goberno israelí asegura que un dos falecidos participou nos ataques terroristas do sete de outubro.
A organización do chef español suspendeu a súa actividade en Gaza tras o ataque, no que morreron outros dous empregados. O ataque israelí foi realizado cun dron, que bombardeou un coche identificado cos símbolos da oenegué
Este é o segundo ataque que sofre o persoal do cociñeiro español en Gaza, despois do que o 2 de abril lles custara a vida a sete traballadores do chef José Andrés.