Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protestas contra un crego de Outeiro de Rei por "prácticas abusivas e discriminación"

Protestas contra un crego de Outeiro de Rei por "prácticas abusivas e discriminación"

Acusan o párroco de intimidar algúns fregueses e de "actitudes ditatoriais"

G24.gal 18/01/2025 20:11 Última actualización 18/01/2025 21:30

Parte da veciñanza de San Lourenzo de Aguiar, Vilela, Folgueira, Matela, Castelo e Cela, parroquias de Outeiro de Rei, acusa o seu párroco de "actitudes ditatoriais". 

En san Lourenzo de Aguiar, consideran que moitas actuacións son "abusivas". Chegou hai uns quince anos e, segundo contan, o malestar non deixou de medrar.

Aseguran que "comezou a facer obras sen consultar" cos fregueses pero solicitou cartos para sufragalas. Ademais, quixo cobrar "dereitos de igrexa".

Varios afectados denuncian trato discriminatorio á hora de ofrecer servizos de funeral ou bautizo que, denuncian, concede segundo as familias que o solicitan.

O crego tamén ten veciños que o defenden. Este sábado, tentamos dar con el para coñecer a súa versión, pero non foi posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade