Publicador de contidos
Publicador de contidos

Von der Leyen di que a UE está preparada para dialogar e responder con firmeza a Trump

Von der Leyen di que a UE está preparada para dialogar e responder con firmeza a Trump

De incrementarse os aranceis os sectores máis prexudicados en España serían o da automoción, o farmacéutico e o da alimentación

G24.gal 04/02/2025 13:44

A guerra comercial iniciada por Donald Trump aínda non chegou a Europa. Pero chegará. Moi, moi cedo, avanzou a semana pasada o presidente estadounidense. Ante iso, a resposta europea chegou por parte de Ursula von der Leyen: "A Unión Europea está lista para dialogar con Trump e tamén, se é necesario, para responder con firmeza", dixo a presidenta da Comisión Europea.

Pero por moi preparada que estea Europa, En España, por exemplo, medra a preocupación entre as enerxéticas: din que están en xogo dez mil millóns de euros. O automóbil, España vende o dobre de coches dos que compra aos Estados Unidos, o alimentario, sobre todo polo aceite de oliva, ou o farmacéutico son sectores que quedarían moi tocados en España se a guerra comercial chega a Europa.

Con todo, España non sería dos países máis afectados. As exportacións aos Estados Unidos supoñen un 2,6 do PIB. Francia, Italia ou Alemaña exportan entre un cinco e un dez por cento. E, aínda que é certo que o gas estadounidense é de suma importancia para Europa, un informe do banco ING sinala que a Unión Europea comerciou con 122 produtos estratéxicos dos que só oito viñeron dos Estados Unidos mentres que eles que tiveron que comprar 32 a Europa. Un desequilibrio que, din, lle dará forza a Europa para negociar con Trump.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade