Unha avaría obrigou a suspender o tren que tiña que saír de Vigo cara á Coruña ás 8 da mañá
Os viaxeiros atopáronse coa sorpresa xa na estación de Vialia en Vigo cando ían coller ese tren cara Santiago e A Coruña, un dos máis empregados por estudantes e traballadores
Dende RENFE sinalan que tiveron que agardar polo convoi que chegaba da Coruña ás 8:50, case unha hora máis tarde, para prestar ese servizo e reubicar os usuarios
![](/documents/20121/0/generica2.png/1f18c10a-f9e0-c555-2294-30859b2c22eb?t=1633957869328)
Nova incidencia da conexión ferroviaria do Eixo Atlántico, desta vez foi no tren das 8 da mañá. Unha avaría obrigou a suspender o servizo que sae de Vigo deixando os usuarios sen alternativa ata case unha hora máis tarde.
Os viaxeiros atopáronse coa sorpresa xa na estación de Vialia en Vigo cando ían coller ese tren cara Santiago e A Coruña, un dos máis empregados por estudantes e traballadores. O tren tiña que saír ás oito da mañá pero unha avaría técnica do propio tren impediu esa viaxe.
Dende RENFE sinalan que tiveron que agardar polo convoi que chegaba da Coruña ás 8:50, case unha hora máis tarde, para prestar ese servizo e reubicar os usuarios. Ademáis trátase dun dos trens rápidos da mañá que tarda hora e media en facer o percorrido completo polo que os usuarios afcetados trataron de buscar alternativas de transporte o máis rápido posible, ben en autobús ou outros collendo o coche e facendo a viaxe compartida.
As queixas dos viaxeiros son constantes por incidencias no servizo que segundo apuntan lles causan numerosos problemas ao ser un servizo de uso cotiá.